Login

Lost your password?
Don't have an account? Sign Up

I

Un dos “bos e xenerosos”, cheo de ilusión e bonhomía, co rural no corazón e capaz de converter a súa casa nun faro cultural que ilumine o mundo.

II

O mundo non vale para ser retratado, senón para ser vivido

III

“Fixo posible que no rural galego acontecese un milagre cultural”

Obras da Fundación Paco Lareo

A Solaina de Piloño

Retrato de Paco Lareo

Retrato de Paco Lareo

Camilo Camaño Xestido

S/T

S/T

Alfonso Sucasas

Tríptico

Tríptico

Álvaro Negro

S/T

S/T

Torregar

S/T

S/T

Paío

S/T

S/T

Armindo Salgueiro

S/T

S/T

Pablo Vence

S/T

S/T

Colmeiro

Grelos

Grelos

Pablo Giráldez Río

Fundación Paco Lareo

A “Fundación PACO LAREO. A Solaina de Piloño” foi constituída no ano 1995 a mans de Paco Lareo Morao, polifacético artista cruceño, dinamizador e promotor sociocultural incansable do rural galego que dende o seu Piloño natal soubo converter as artes plásticas nun foco permanente de actividades culturais que transcenderon co pasar dos anos.

Fai dez anos que nos deixou Paco pero o seu legado perdura na súa querida Solaina, epicentro dinamizador da cultura rural durante décadas gracias ao empeño persoal do artista. Dende ese pequeno recuncho exerceu como faro para moitos outros creadores, expandido as fronteiras da aldea a todo o mundo.

” Paco facía arte dende o rural, concebía a arte e a cultura dende rural. “

Encontros culturais, proxeccións audiovisuais, recitais poéticos e literarios, realización de obradoiros. Museo etnográfico. Presentación de libros, encontros, concertos, actividades para nenos, son algunhas das actividades levadas a cabo pola Fundación.

A finalidade do proxecto que se presenta é visibilizar o gran legado que o pintor e escultor dezá nos deixou, tanto da súa obra artística como de outros moitos autores galegos amigos de Paco, e que mellor galería de arte que o Camiño de Santiago, camiño de encontros, de cultura, de historia, de patrimonio, de arte…

Quentiños da forxa

“Proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo” de promoción e dinamización do Xacobeo 21-22 que se presentou dende a Fundación Paco Lareo coa firme intención de levar dende a Forxa da Solaina á galería mais grande do mundo como é o Camiño de Santiago unha exposición itinerante e inédita, cunha antoloxía de 30 pezas artísticas de recoñecidos pintores e escultores galegos amigos de Paco que no seu día o agasallaron con ditas obras.

O Camiño de Santiago é un percorrido interior no que ademais de desfrutar do patrimonio artístico e cultural que bordea o traxecto tamén hai tempo para deterse e gozar, ben sexa da gastronomía local ou das actividades lúdico festivas que ao longo de todo o percorrido nos van amenizando vilas e cidades polos que discorre o camiño.

A paisaxe do Camiño de Santiago con máis de 140 quilómetros en rutas converteuse ademais nunha gran galería ao aire libre, que acolle a exposición máis longa do mundo.

Localización

Paco Lareo foi un polifacético artista cruceño, dinamizador e promotor sociocultural incansable do rural galego que dende o seu Piloño natal soubo converter as artes plásticas nun foco permanente de actividades culturais e o seu legado continua a través da Fundación que leva o seu nome de aí a posta en marcha deste proxecto que pretende mostrar a súa galería de arte de amigos particular nas vilas próximas polas que transcorre o Camiño para abrir as posibilidades de difusión e dinamización artística rural.

A exposición itinerante percorrerá os principais concellos da contorna polo que discorre o Camiño de Santiago, concretamente o Camiño de Inverno e Vía da Prata, dinamizando ditas vilas e poñendo en valor as artes plásticas galegas da man de Paco Lareo e amigos de renome artístico como Laxeiro, Antón Lamazares, Fondevila, Alfonso Sucasas, Armindo Salgeiro, Paco Pestana, Manolo Moldes, Pilar Taboada, Lucia Dubra, Paío, Álvaro Negro, Ana Seona, entre outros….

Lalín

Museo Municipal

Ramón María Aller Ulloa

02/09/2022 – 16/09/2022

Rodeiro

Centro Cultural

Manual Lamazares

19/09/2022 – 27/09/2022

Vedra

Centro Sociocultural de Vedra

30/09/2022 – 11/10/2022

Silleda

Centro Cultural

Vista Alegre da Bandeira

14/10/2022 – 25/10/2022

Santiago de Compostela

Por determinar

28/10/2022 – 11/11/2022